InicioEconomíaA Deputación renovará a rede de estradas da Pastoriza e Riotorto

A Deputación renovará a rede de estradas da Pastoriza e Riotorto

As conexións entre o leste da chaira e a Mariña oriental recibirán un investimento de 210.000 euros, concentrados nas parroquias do rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

Riotorto e A Pastoriza contarán con estradas renovadas nas vindeiras datas. A Deputación de Lugo realizará un investimento de 210.000 euros en algo máis de 7 quilómetros de estradas de devanditos concellos, que suman uns 4.000 veciños. As melloras irán encamiñadas a rehabilitar as conexións rurais ao leste da chaira.

As vías afectadas serán a LU-P-1106, que dende Castro de Rei pasa por Reigosa ata a estrada de Bretoña a Lindin, en Mondoñedo; e a LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo.

O presidente da Deputación, Darío Campos, salientou que as obras procuran a mellora nas comunicacións “especialmente os do rural, e dentro da nosa clara defensa da igualdade de oportunidades vivas onde vivas”.  A autoridade provincial cualificou a actividade da Deputación coma “o motor económico e social da provincia”, por ser a única administración que fai obras en todos os municipios de Lugo. Campos subliñou que os investimentos realízanse “de xeito igualitario e distribuíndo fondos en base a criterios totalmente obxectivo, pois os cartos públicos son de todos os veciños”.

Pola súa banda, o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, agradeceu á Deputación “o esforzo realizado ano tras ano polo boberno provincial para que o noso Concello teña unhas boas infraestruturas que permitan a unha rexión de interior, rural e cunha poboación dispersa, manter activa a súa vida e economía“. Este esforzo resulta, en palabras do rexedor, “vital xa que a Deputación é a única administración que se preocupa de que as estradas do noso Concello reciban, dentro das limitacións, os mellores arranxos posíbeis”.

Os traballos nestas dúas estradas, que beneficiarán aos máis de 4.000 veciños dos concellos da Pastoriza e Riotorto, consistirán na limpeza de cunetas, o acondicionamento do firme con aglomerado quente e a revisión e mellora da sinalización vertical e o repintado. As estradas sobre as que o executivo provincial actuará son as seguintes:

– LU-P-1106, que vai de Castro de Rei a Bretoña, pola parroquia de Reigosa: mellora de 4 quilómetros, entre os puntos quilométricos 13 e 19,6. Trátase dunha vía fundamental, debido a que conecta algunha das parroquias máis importantes do concello como son as de Bretoña, Reigosa, Úbeda, Vián e o Lugar de Xemil. 

– LU-P-4402, de Paraxes a Lourenzá por Bretoña a Muiñonovo: mellora de 3,8 quilómetros, entre os puntos quilométricos 3,4 e 7,3, o que supón a mellora dunha estrada que conecta os Concellos de Pastoriza e Riotorto, dandolle servizo a todo o Concello ao ser a vía que une e serve de nexo de relación entre este Concello e o veciño de Riotorto, co cal moitos dos veciños teñen forte vencellamento e empregan esta estrada acotío para desprazarse entre ambos os dous. A Deputación actuará tamén nesta mesma estrada na parte pertencente ao Concello de Riotorto

ÚLTIMAS

Fabiola García destaca en Lugo o papel das viúvas galegas como referentes no asociacionismo feminino

A cidade de Lugo acolleu este sábado o 48º Congreso da Asociación de Viúvas de Galicia, unha...

A Garda Civil detén en Lugo un implicado nunha rede internacional de tráfico de especies protexidas

Un home foi detido en Lugo no marco da operación Namib, un dispositivo a gran escala desenvolvido...

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...