InicioMedioambiente e PatrimonioImputado un gandeiro de Meira polo "maltrato" que lle dispensaba aos seus...

Imputado un gandeiro de Meira polo “maltrato” que lle dispensaba aos seus animais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou como investigado por un suposto delito de malos tratos animais a un veciño da localidade lucense de Meira, por non coidar debidamente ao gando que tiña ao seu cargo nunha explotación gandeira.

Segundo informou a propia Benemérita nun comunicado, o sospeitoso, un home de 48 anos de idade, “supostamente realizaba prácticas inadecuadas no manexo do gando que se atopaba ao seu cargo”.

O trato cara aos animais da explotación gandeira era tan deficitario que os axentes que se fixeron caso da investigación consideraron o comportamento deste individuo como un posible delito de malos tratos animais. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...