InicioComarca de MeiraPolGonzalo Caballero: "Faltan 14.000 prazas de residencias para maiores en Galicia"

Gonzalo Caballero: “Faltan 14.000 prazas de residencias para maiores en Galicia”

O líder socialista acudiu á Festa do Emigrante de Pol xunto a José Tomé, presidente da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou este sábado o “retroceso histórico” que sufriron as políticas sociais en Galicia co goberno de Alberto Núñez Feijóo e citou un informe do CSIC para apuntar que na Comunidade faltan 14.000 prazas de residencias para maiores segundo os baremos da OMS.

Caballero participou este sábado na Festa do Emigrante de Pol, onde estivo acompañado polo presidente da Deputación de Lugo, José Tome  e polo alcalde do municipio, Lino Rodríguez. Neste emprazamento, puxo de manifesto o “valor do compromiso dos socialistas galegos coa emigración e cos galegos” que viven fóra da Comunidade. “Cremos nas políticas públicas que dean igualdade e para iso é moi importante desenvolver un Estado do Benestar que dea oportunidades de vida e dignidade a toda a cidadanía galega”, aseverou.

Fronte a isto, o líder dos socialistas galegos afirmou que “os 10 anos de Goberno de Feijóo á fronte da Xunta xeraron unha brecha” en Galicia que levou a “centos de miles de galegos” a non vivir “nas condicións que queren” na súa terra, a que moitos “tivesen que abandonar Galicia” para ter “unha forma de vida digna” e a que “outros miles estean a buscar un salario digno” dentro da Comunidade.

De feito, Caballero asegurou que en 10 anos de Goberno de Feijóo, “as políticas sociais sufriron un retroceso histórico”, un período no que se fixeron “recorte sociais” e elimináronse ” moitos avances”. En concreto, Gonzalo Caballero referiuse a un informe do CISC segundo o cal, dixo, “faltan” en Galicia “14.000 prazas de residencias para maiores” segundo os parámetros da OMS.

“Os socialistas imos manter coas políticas sociais o maior compromiso para dar benestar e dignidade á cidadanía eliminar as desigualdades sociais”, dixo Caballero, que se comprometeu tamén a traballar para paliar “o déficit de prazas que faltan en Galicia de acordo aos baremos da OMS”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...