InicioMedioambiente e PatrimonioA mámoa da Fonsagrada que leva máis de tres anos convertida nun...

A mámoa da Fonsagrada que leva máis de tres anos convertida nun vertedoiro de lixo

Patrimonio dos Ancares pide á Subdirección Xeral de Patrimonio que apure o expediente sancionador contra o Concello da Fonsagrada para que se obrigue á restauración do enterramento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Patrimonio dos Ancares volve pór o foco na situación dunha mámoa da necrópole do Peredelo, na Fonsagrada, enriba da cal se construíra un silo para plásticos agrícolas no ano 2016. Malia as continuas denuncias —tamén por acumulación de lixo: colchóns, rodas de tractor, etc—, “o silo continúa sobre a mámoa e o lixo a medrar”.

A asociación vén de preguntar á Subdirección Xeral de Patrimonio en que fase se atopa o expediente de sanción interposto contra o Concello da Fonsagrada como suposto responsable. Piden que se obrigue á retirada do lixo e, de non facelo, que se opte pola vía da denuncia xudicial.

Así mesmo, Patrimonio dos Ancares tamén remitiu escritos aos partidos políticos que integran a corporación municipal para que se “mollen” e presionen o goberno municipal a cumprir a lei.

Podes ler a información completa en Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...