InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaOs concertos da Arrancadeira, plato forte da VI edición da Foliada da...

Os concertos da Arrancadeira, plato forte da VI edición da Foliada da Fonsagrada

Esta edición da Foliada da Fonsagrada reforza o seu programa de actividades e amplíase de dous a tres días de celebración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidencia da Deputación de Lugo pon a “arrancadeira” á VI Foliada da Fonsagrada, cos concertos de Habelas Hainas, na madrugada do sábado ao domingo, ás 2.40 horas, e Fransy, Davide e Cibrán, o domingo ás 20.00 horas.

Coa organización destes concertos, a área de Cultura colabora coa asociación Petapouco e A Destempo, na programación da Foliada, que inclúe máis música, obradoiros de baile, presentacións de libros, proxeccións, unha mostra de artesanía, roteiros e unha homenaxe a Florencio dos Vilares e Modesta de Noceda.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “colaborar” coa organización deste evento, pon en valor o noso patrimonio material e inmaterial, e que ten detrás xente moza comprometida coa nosa cultura

PROGRAMACIÓN VI EDICIÓN FOLIADA

O venres 3 de decembro, ás 11 horas ten lugar un roteiro polas montañas, neste caso polo Muín do Penallo e por Castro de Castañoso; e á noite as 21.30 horas hai unha cea para recuperar os folgos.

O sábado 4, ás 11 horas é a apertura da Foliada e as respectivas homenaxes a Florencio dos Vilares e Modesta de Noceda. Posteriormente, ás 12 horas é a presentación do proxecto Avareira e un pasabares cós grupos Kalandracas e A Musicleta.

Á tarde, destaca o cine na Vila ás 16.30 horas, un obradoiro de baile tradicional ás 17 horas; e por último á noite chegan os pratos fortes do día cós concertos de Xavier Díaz& Adufeiras de Salitre, Galicia Fiddle e os D’Abaixo ás 22.30 horas e a actuación das “arrancadeiras” Habelas Hainas ás 2.40 horas.

Por último, o domingo 5 de decembro, pola mañá ten lugar un obradoiro sobre Florencio dos Vilares ás 11 horas. Pola tarde hai a presentación do libro O toque pechado ás 18 horas; os concertos das “arrancadeiras” Fransy, Davide e Cibrán as 20 horas; e unha butelada popular ás 22 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...