InicioPolíticaO BNG pide a cabeza de Argelio Fernández para pactar co PSOE...

O BNG pide a cabeza de Argelio Fernández para pactar co PSOE na Fonsagrada

A única edil do BNG na Fonsagrada di que só votaría ao socialista Carlos López como alcalde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata á Alcaldía da Fonsagrada polo BNG, María Xosefa Ortiz, cuxo voto decidirá quen é o alcalde dese municipio lucense para o próximos catro anos, confirmou a EFE que esixiu que Argelio Fernández Queipo deixe “a presidencia da corporación municipal” para investir a un candidato do Partido Socialista.

Aínda que o Partido Popular foi a lista máis votada, as eleccións locais do 26 de maio deixaron un empate a número de concelleiros entre ambos os partidos, con cinco cada un deles, de modo que a única edila do BNG será a chave do futuro goberno municipal.

María Xosefa Ortíz precisou que os nacionalistas lle propuxeron ao PSdeG que sexa outro edil socialista, neste caso Carlos López, quen se faga cargo da Alcaldía da Fonsagrada, para o que contaría co voto definitivo do BNG.

En todo caso, tamén aclarou que esa proposta foi presentada onte mesmo e que, polo momento, non recibiu contestación por parte do PSdeG. No que se refire a un hipotético acordo de goberno, a concelleira do BNG esíxelle ao PSdeG maior “transparencia” na xestión do Concello, “a elaboración dunha RPT e o cumprimento da legalidade nos contratos” públicos.

A agrupación local do BNG reunirase mañá para avaliar a situación no municipio da Fonsagrada, aínda que a concelleira electa recoñeceu que, seguramente até o sábado, cando se celebra o pleno de investidura, non se tomará unha decisión definitiva. Tanto PP como PSdeG ofrecéronlle integrarse nun goberno de coalición e os populares chegaron mesmo a ofrecerlle a Alcaldía, proposta que rexeitou.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...