InicioMedioambiente e PatrimonioA supervivencia da pita do monte no Bierzo, en perigo por tres...

A supervivencia da pita do monte no Bierzo, en perigo por tres complexos eólicos

O Fondo de Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC) recorre contra varios parques eólicos do Bierzo que afectan directamente á conservación desta especie, en perigo crítico de extinción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), do que fai parte ADEGA, e a través da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, vén de interpoñer recurso de alzada ás aprobacións dos complexos eólicos de Peña del Gato, Valdesamario e La Espina, paralizados durante anos por orde do TSX de Castela e León, que baseou a súa sentenza na afección á pita de monte cantábrica, especie catalogada na categoría en perigo crítico de extinción e da que quedan menos de 300 exemplares. A Xunta de Castela e León autorizou recentemente que poidan poñerse a funcionar tras unha nova tramitación.

Os tres complexos construídos hai máis dunha década foron paralizados xudicialmente por, entre outros motivos, esa afección directa sobre a pita do monte. Con todo, nun xiro inédito, a asociación demandante naquel expediente xudicial e os promotores, da man da Xunta de Castela e León, chegaron a un acordo que permitiu a nova tramitación de autorización administrativa que agora se recorre.

En total son 45 aeroxeradores que se instalaron sobre un hábitat que é área de distribución da pita de monte. “Nestes últimos dez anos déronse nesta contorna varios casos de afección directa sobre esta especie: nas obras de execución doutro complexo eólico do mesmo promotor (complexo eólico San Feliz), destruíuse o niño dunha pita de monte radiomarcada pola Xunta de Castela e León, o que levou á anulación de dito proxecto; e ademais, máis recentemente, coñeceuse o caso dunha femia morta por impacto cun aeroxerador no veciño complexo eólico de Valdelín. Todo isto, acontecido nunha situación na que quedan menos de 300 exemplares desta especie”, lembra Adega.

Boa parte dos aeroxeradores dos tres complexos eólicos están instalados en zonas consideradas de  Máxima Sensibilidade, segundo a zonificación do MITERD. Por outra banda, o Plan de Recuperación da Pita de Monte Cantábrica considera estes territorios dentro do rango de áreas de potencial ocupación. Nos recursos presentados incorporouse, como medida cautelar, a petición de manter a paralización dos complexos eólicos en tanto se resolvan ditos recursos.

A intención do FDXCC é “elevar cantas accións sexan necesarias para que estes complexos sexan desmantelados”, explica a asociación ecoloxista nun comunicado. Esta acción únese a outras iniciadas polo FDXCC, entre elas os recursos contencioso-administrativos interpostos contra tres complexos en Galicia promovidos por Greenalia ou o recentemente presentado recurso de alzada contra o complexo eólico do Escudo, no límite de Cantabria con Burgos.

ÚLTIMAS

Publicada a resolución pola que se denega a autorización ambiental para unha planta de biometano en Lugo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio, de marzo de 2025, da...

Abre ao público o castelo de Doiras en Cervantes

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o alcalde de Cervantes,...

The Undertones, Christina Rosenvinge e Stompin’Riffraffs encabezan o cartel do FaCeLa Fest

Os irlandeses The Undertones, Christina Rosenvinge e os xaponeses Stompin'Riffraffs encabezan o cartel da...

José Tomé postúlase para revalidar a Secretaría Xeral do PSOE na provincia de Lugo

O actual presidente da Deputación de Lugo e tamén alcalde de Monforte, José Tomé Roca, postulouse...