InicioBierzoA Deputación de Lugo conmemora os 200 anos da provincia de Vilafranca...

A Deputación de Lugo conmemora os 200 anos da provincia de Vilafranca do Bierzo

A provincia durou apenas 10 anos antes da redistribución de 1832 ao cargo de Javier de Burgos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social de Lugo, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves aos actos de conmemoración do bicentenario da provincia de Villafranca del Bierzo organizados polo Concello da localidade leonesa. A Deputación de Lugo, que formou parte do comité de honra das autoridades desta efeméride, destacou, nun comunicado, “a boa relación existente” entre as comunidades galega e leonesa.

Rivera Capón tomou parte na inauguración e visita da exposición ‘Bicentenario da provincia de Villafranca del Bierzo’ e, tamén, no acto de descubrimento dunha placa do bicentenario na fachada da igrexa de San Nicolás El Real, antiga sede da Deputación provincial. Tamén, realizáronse actos culturais para celebrar que o 27 de xaneiro de 1822 as Cortes españolas aprobaron por decreto a creación da provincia de Villafranca, con capital en Villafranca del Bierzo. Unha división administrativa que durou dez anos, quedando daquela as súas localidades integradas nas provincias de León, Ourense e Lugo.

O Deputado de Promoción Económica e Social manifestou que as provincias de Lugo e de León manteñen “unha relación de colaboración institucional fluída e cordial, marcada polo desexo de traballar en beneficio da cidadanía, e de estar á altura das boas relacións de veciñanza que Galicia e León mantiveron ao longo da historia”. A Deputación de Lugo puxo, como exemplo desa boa relación, a colaboración para atender incidencias por neve e xeo que a institución lucense presta na parte leonesa das estradas dos Ancares, por exemplo, ao seu paso polo Concello de Candín.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...