InicioPolíticaA Deputación participará na conmemoración do bicentenario da provincia do Bierzo

A Deputación participará na conmemoración do bicentenario da provincia do Bierzo

Maite Ferreiro e Efrén Castro recibiron en San Marcos a representantes de Coalición polo Bierzo, que defenden a integración deste territorio en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo interésase polas demandas sociais e políticas do Bierzo e así o fai saber ao anunciar que participará e colaborará na celebración do bicentenario do Bierzo como provincia. Farano a través de “propostas” que axuden “a visibilizar a historia compartida entre os dous territorios administrativos”.

A vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro, acompañada polo deputado de Deportes, Artesanía e Memoria Histórica, Efrén Castro, recibiron en San Marcos ao portavoz de Coalición polo Bierzo e membro do Consello Comarcal do Bierzo, Iván Alonso, e ao vogal da Secretaría de Organización desa formación, Javier Martínez.

A vicepresidenta explicou que foi “unha primeira toma de contacto, para poñer en común aquelas cuestións nas que Galicia, e especificamente os municipios da Montaña lucense, e o Bierzo teñen intereses compartidos, tanto en materia cultural como económica e social”.

“Os representantes de Coalición polo Bierzo tamén nos trasladaron a vontade de abrir un proceso de diálogo que explore as opcións de encaixe territorial do Bierzo no contexto do Estado, partindo do seu recoñecemento como provincia”, explicou.

Trátase, dixo Ferreiro, dunha “demanda recollida por diferentes movementos políticos e sociais bercianos nasúltimas catro décadas, que o BNG trasladou a través dunha proposición non de lei ao Parlamento de Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...