InicioCulturaO CPI Uxío Novoneira de Pedrafita recibe o premio GSD á innnovación

O CPI Uxío Novoneira de Pedrafita recibe o premio GSD á innnovación

A Fundación GSD de Innovación Educativa valora o encontro entre persoal docente do CPI Uxío Novoneira e profesionais doutros eidos da comunidade educativa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres centros galegos recolleron en Madrid os premios GSD Innova, dun total de cinco premiados. Un deles foi o CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, primeiro premio na colaboración entre persoal docente e outros sectores da comunidade educativa. 

Os galardóns da Fundación GSD de Innovación Educativa valoran as prácticas innovadoras e inclusivas para optimizar a integración e o rendemento dos estudantes, con especial atención á diversidade. 

En compañía do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, José Manuel Pinal, a representación do CPI Uxío Novoneira recibiu a máxima distinción na modalidade segunda, dirixida a proxectos que amplíen os procesos educativos a través do encontro entre o profesorado e os profesionais de empresas externas e Asociacións de Nais e Pais, entre outras entidades. 

Así, valórase o esforzo por espallar o patrimonio rural mediante un produto de alta calidade estética e valor etnográfico, o documental Desde o noso. A consecución da peza audiovisual serviu para dinamizar a participación de docentes e non docentes do CPI Uxío Novoneira, na procura de métodos educativos innovadores, fomentando o traballo en equipo e as tecnoloxías de aprendizaxe para a mellora continua da docencia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...