InicioSociedadeO alcalde de Pedrafita sobre a nova alternativa á A-6: "É un...

O alcalde de Pedrafita sobre a nova alternativa á A-6: “É un adianto importante”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, móstrase “satisfeito” coa alternativa ao viaduto do Castro, na A-6, que reduce en 6,6 quilómetros o traxecto e que se puxo en marcha o mércores. Raposo valorou de forma “positiva” esta alternativa que “é un adianto moi importante porque, á fin e ao cabo, son seis quilómetros menos e parece que se nota que hai tráfico máis continuamente pero máis fluído”.

“Coas retencións que había neses seis quilómetros, logo metíanse na Nacional (N-6) e ás veces víase un embotellamento e tardábase un cacho”, expuxo.

O alcalde de Pedrafita apunta que “algunha empresa de camións se queixou e dicían que o problema gordo a este tramo de autovía podíase solucionar con facilidade, e é o que se fixo e funciónase bastante mellor”.

José Luís Raposo subliñou que “agora o que cabe agardar” é que se faga “o outro acceso desde a rotonda da entrada ata o túnel e por aí irá un carril”.

Neste sentido, avanzou que “de inmediato se van pór (o Goberno central) coa ligazón do carril da rotonda para a entrada do túnel e así se desviarán por aí os que veñen da Coruña a Madrid e, deste xeito, evitarase que pase unha cantidade importante de tráfico polo concello“.

O desvío, segundo o Ministerio de Transportes, prodúcese entre os puntos quilométricos 428 ao 432 da autovía A-6.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

O Concello de Lugo aproba o texto do convenio marco da FEGAMP para uso eficiente dos servizos públicos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, anunciou que a  Xunta de Goberno Local aprobou hoxe...

Lugo aproba o proxecto de utilización dos pavillóns escolares fóra do horario lectivo

O Concello de Lugo deu un novo paso para optimizar o uso das infraestruturas...

A Vicepresidencia da Deputación e colectivos culturais debaten sobre boas prácticas culturais

A finca de Tor acolleu este luns o primeiro Encontro de Boas Iniciativas Culturais,...