InicioEconomíaMedio Rural confía en poder reincorporar aos xoves á actividade gandeira

Medio Rural confía en poder reincorporar aos xoves á actividade gandeira

A apertura dunha nova explotación en Navia de Suarna reforza o programa de introducción e mellora do goberno autonómico, que adica nesta anualidade 24 millóns na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A creación dunha granxa de vacún ecolóxico en Navia de Suarna serve de acicate para a política de subvencións de Medio Rural. O departamento autonómico celebra que fora un novo gandeiro quen iniciara esta explotación de nova creación entre O Tabiñón e Muñís, empregando o programa de achegas á incorporación e mellora da actividade gandeira.

En conxunto na provincia de Lugo, a Consellería resolveu para esta anualidade axudas ao eido agrogandeiro por valor de 24 millóns de euros. Desta cantidade, 6 millóns foron adicados a apoiar a incorporación de 194 lucenses a este negocio; os outros 18 millóns tiveron por destino as subvencións directas a 318 explotacións beneficiarias do plan de mellora.

Este balance foi presentado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a visita á nova granxa de gando vacún ecolóxico do concello de Navia de Suarna. A explotación gandeira creada por un mozo que se incorpora á actividade como novo titular exemplifica, en palabras do representante autonómico, a utilidade dos programas de apoio en vigor.

As instalacións criarán 35 vacas de carne da Montaña lucense para a obtención do produto ecolóxico. Para a posta en marcha do proxecto, o titular resultou beneficiario da achega de incorporación, 50.000 euros que adicou á compra das reses e á redacción do plan empresarial. De xeito complementario, obtivo 43.800 euros do plan de mellora, cos que fixo fronte aos gastos de equipamento e inicio de actividade.

O delegado explicou os gastos que poden ser obxecto de axuda pública en convocatoria anual, que son os que siguen nesta orde: compra de nova maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construción ou reforma das explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de novos terreos e adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos. Paralelamente apoiarase a incorporación de mozas e mozos á actividade gandeira e agraria.

“O goberno galego quere estar ao carón dos que apostan polo rural e fomentar o emprego no sector agrario. Ademais, neste caso está a facelo nun sector en auxe, como é a produción ecolóxica, cada vez máis demandada e apreciada polos consumidores”, explicou Balseiro. “A Xunta de Galicia está no camiño correcto cando aposta pola modernización e a nova incorporación, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...