InicioAncaresNavia de SuarnaNavia de Suarna quere conseguir a IXP para os viños da zona

Navia de Suarna quere conseguir a IXP para os viños da zona

Tamén desde a Deputación de Lugo vaise impulsar a recuperación da vitivinicultura na área do Navia e para iso financiaranse programas de formación para o que se destinarán 21.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Navia de Suarna, Pepe Fernández, destacou o traballo do municipio para tentar conseguir a Indicación Xeográfica Protexida (IPX) para os viños da área do río Navia.

Esta Indicación Xeográfica Protexida bautizouse como Terras do Navia-Negueira de Muñiz e comprende parte deste municipio e da Fonsagrada.

“Levamos anos con colleiteiros da zona de Navia e A Fonsagrada, e desde hai anos loitamos por esa denominación de aquí, a ver se o conseguimos axiña“, solta.

O rexedor tamén sostén a importancia de ir recuperando a produción. “Non é moi forte, foise abandonando durante moitos anos moita parte dos viñedos que había”, subliñou.

Fernández puntualizou que non é “unha zona moi grande”, con “sete ou oito colleiteiros, dous que teñen adegas e rexistro para comercializar” estes caldos. “As outras son máis en plan caseiro, artesán, para consumo propio, para amigos”, sinalou.

En canto ao viño “non é forte, é máis ben frouxo e ten un bo padal e é bastante apreciado o branco, aínda que se produce máis tinto“, engadiu.

Tamén desde a Deputación de Lugo vaise a impulsar a recuperación da vitivinicultura na conca do Navia e para iso financiaranse programas de formación para o que se destinarán 21.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...