InicioPolíticaA Deputación licita por 750.000 euros a conservación das vías provinciais na...

A Deputación licita por 750.000 euros a conservación das vías provinciais na Montaña

Correspóndese ás zonas da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna. O contrato inclúe cláusulas sociais para fomentar o emprego feminino na obra pública e a protección do medio ambiente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou sacar a contratación o servizo de conservación de estradas provinciais para a zona da Montaña. Concretamente, isto afectaría á Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna. O orzamento que se manexa nesta licitación rolda os 750.000 euros.

Segundo explicou a voceira socialista do goberno, Pilar García Porto, trátase do lote 5 do servizo de conservación da rede viaria provincial. Indicou que o ano pasado xa se licitaran de maneira conxunta os oito lotes nos que está dividido o contrato por un importe total de 6,4 millóns de euros para tres anualidades (2019-21). Porén, non se presentara ningunha oferta para o lote 5, polo que agora volve saír a contratación por separado.

O procedemento é negociado, tal como contempla a Lei de Contratos do Sector Público, segundo a que se pode aplicar este sistema cando non se presenta ningunha oferta e non se modifican substancialmente as condicións iniciais. Así pois, o orzamento base de licitación é o mesmo: 751.627,80 para as tres anualidades.

CLÁUSULAS SOCIAIS

A voceira socialista lembrou que o prego que rexe a contratación do servizo de conservación da rede viaria provincial inclúe novas cláusulas sociais que defenden os dereitos dos traballadores, favorecen o emprego feminino na obra pública, o emprego fixo, o emprego de calidade, á pequena empresa e a protección do medio ambiente.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...