InicioSucesosPermanece activo o incendio de Cervantes, provocado por un raio

Permanece activo o incendio de Cervantes, provocado por un raio

O lume foi declarado na parroquia de Donís, en Cervantes, ás 18.08 do xoves, e queimou xa máis de 20 hectáreas segundo Medio Rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio forestal está activo no Concello de Cervantes e afectou polo de agora a 20 hectáreas de monte. O lume foi declarado na parroquia de Donís o xoves, ás 18.08 horas, segundo informou a Consellería de Medio Rural nun comunicado.

Os axentes forestais indicaron que as lapas poden ter orixe nun raio. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informara dun aviso amarelo por tormentas na Montaña.

No control do incendio traballan tres axentes, trece brigadas, dúas motobombas e catro helicópteros.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...