InicioAncaresCervantesUn incendio queima unha nave de gardar forraxe e gando en Cervantes

Un incendio queima unha nave de gardar forraxe e gando en Cervantes

Afortunadamente non houbo feridos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio declarado na madrugada deste xoves no concello de Cervantes calcinou o interior dunha nave de forraxe e produciu o colapso do tellado da edificación, pero non houbo persoas nin animais feridos.

Segundo informou o 112 Galicia, poucos minutos despois das 5,00 horas un particular chamou ao servizo de emerxencias para alertar de que ardía unha nave dedicada a gardar forraxe e gando no lugar da Chá, na parroquia de San Tomé de Cancelada.

Durante a chamada, a persoa alertante afirmou que os animais estaban xa fóra da nave e que non corrían perigo, pero as chamas podían chegar a afectar a estruturas lindeiras. Por iso, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron os Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil do municipio.

Ademais, tamén se avisou dos feitos aos servizos sanitarios e aos medios do concello. Ao final das tarefas de extinción do lume, os Bombeiros de Sarria confirmáronlle ao 112 que o interior da nave ardeu por completo e que o seu teito se derrubou. Con todo, indicaron que as edificacións próximas non se viron afectadas e que tampouco houbo danos persoais.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...