InicioAncaresAs antigas escolas unitarias da Montaña convértense en espazos de lecer

As antigas escolas unitarias da Montaña convértense en espazos de lecer

A Cámara galega pide a reconversión en espazo lúdico da antiga escola unitaria de Donís, en Cervantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a acordar co Concello de Cervantes (Lugo) as actuacións necesarias para reconverter a antiga escola unitaria de Donís e convertela nun espazo de actividades lúdicas e culturais.

A iniciativa foi aprobada por unanimidade por mor dunha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular, que foi transaccionada co Grupo Socialista. Segundo explicou o PP nun comunicado, a deputada popular Encarna Amigo sinalou que Cervantes “conta cunha antiga escola unitaria, na actualidade fóra de uso, no lugar de Donís” que, coas correspondentes obras, “podería converterse nun espazo referente para o desenvolvemento de moitas actividades lúdicas e culturais”.

“A reconversión desta antiga escola nun albergue ou instalación similar contribuiría á dinamización deste concello do interior lucense, e permitiría dar unha resposta á demanda, protagonizada de forma especial pola mocidade, que reclama espazos de lecer, tempo libre e turismo alternativo en plena natureza”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...