InicioSociedadeRescatan a un pequeno corzo desorientado que se refuxiara no garaxe dunha...

Rescatan a un pequeno corzo desorientado que se refuxiara no garaxe dunha casa en Becerreá

O animal atopábase desorientado nas inmediacións da N-V e foi liberado posteriormente nunha zona de monte adecuada para o seu hábitat.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo rescatou o pasado luns un exemplar novo de corzo que se atopaba desorientado nas inmediacións da estrada N-V, ao seu paso polo termo municipal de Becerreá. Segundo relatan, o animal, visiblemente asustado, abandonou a vía e accedeu ao interior do garaxe dunha vivenda situada no lugar de Cereixal, onde se refuxiou.

Tras recibir o aviso, unha patrulla da Garda Civil desprazouse ao lugar e adoptou as medidas necesarias para evitar que o animal sufrise danos ou provocase situacións de risco para a circulación. Finalmente, os axentes conseguiron capturalo de forma segura. Unha vez comprobado que o corzo se atopaba en bo estado, procederon ao seu traslado e posterior liberación nunha zona de monte adecuada para o seu hábitat natural. Deste xeito, o animal foi afastado das vías de comunicación e liberado nun contorno máis seguro, co obxectivo de garantir a súa protección e evitar novos riscos tanto para el como para os condutores.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...