InicioMedioambiente e PatrimonioO PSdeG insta a Xunta a declarar BIC a ponte de Cruzul

O PSdeG insta a Xunta a declarar BIC a ponte de Cruzul

O Goberno autonómico sinala que é competencia estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG instou á Xunta de Galicia a iniciar os trámites necesarios para a declaración da ponte de Cruzul, no concello de Becerreá, como Ben de Interese Cultural; algo que o Goberno autonómico defendeu é competencia estatal. Na Comisión de Educación e Cultura, os socialistas defenderon o valor patrimonial, artístico e paisaxístico do lugar, cun “alto valor estético e ecolóxico”.

Dado que o Estatuto de Autonomía, apuntan, outorga á Xunta competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural, os socialistas preguntaron pola situación desta obra de enxeñaría civil, cuxo informe positivo xa emitiu o Concello en 2009. Os propios socialistas puntualizaron, en caso de ser de competencia estatal, se o Goberno autonómico presentou algún tipo de solicitude formal.

Por parte da Xunta de Galicia compareceu a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, que explicou que, dado que a ponte se atopa nunha estrada estatal, é responsabilidade do Estado. “Dado que é un ben adscrito a un servizo público, debe ser o Estado o que se ocupe”, asegurou.

A este respecto, sinalou que desde a Dirección Xeral remitiuse xa en 2010 o expediente completo de solicitude ao Ministerio e que, en 2013, o alcalde de Becerreá e o departamento autonómico se reuniron para “trasladar que a competencia era do Estado”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...