InicioMedioambiente e PatrimonioRetiran varios pneumáticos e lixo acumulado no cauce dun río en Becerreá

Retiran varios pneumáticos e lixo acumulado no cauce dun río en Becerreá

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico ocúpase destes residuos, acumulados na contorna fluvial dende hai tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios pneumáticos e unha morea de lixo levaban meses tirados no cauce do río Aira da Ponte, en Ouselle (Becerreá). Agora, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico informa de que está inmersa nos traballos de acondicionamento de tal tramo fluvial.

As actuacións, que son levadas a cabo pola empresa pública Tragsa, inclúen a retirada das rodas e doutros residuos antrópicos (como latas, plásticos agrícolas e todo tipo de lixo) e o seu posterior traslado a un vertedoiro autorizado.

Completarán os labores ao extraeren das marxes do río algúns troncos e árbores caídas que reducen a sección de desagüe.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...