InicioSociedadeObras de emerxencia para reparar desprendementos na estrada que une Navia con...

Obras de emerxencia para reparar desprendementos na estrada que une Navia con Becerreá

A Xunta destina máis de 300.000 euros a amañar os danos producidos polas fortes choivas nesta vía e noutra que conecta Baralla coa Pobra de San Xiao.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de autorizar hoxe as obras de emerxencia para o sostemento de noiros de desmonte na estrada LU-722, que comunica as localidades de Becerreá e Navia de Suarna. Esta vía sufriu danos como consecuencia das fortes choivas.

Segundo recolle a declaración de emerxencia, os traballos, que xa se están a acometer, teñen por finalidade reparar os desprendementos causados polas chuvias rexistradas en novembro e decembro. Así, realizaranse rozas e levarase a cabo un saneamento do noiro. Tamén se procederá á colocación dunha rede de cable e á instalación de bulóns.

O investimento estimado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é superior aos 220.000 euros e as obras teñen un prazo de execución estimado de 3 meses.

OBRAS PARA REPARAR VÍAS EN BARALLA

Por outra banda, a Xunta tamén destinará 105.000 ás obras de reparación dos deslizamentos na estrada que une Baralla coa Pobra de San Xiao, a LU-621. As precipitacións tamén danaron a vía, polo que é preciso actuar para recuperar a integridade da plataforma.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...