InicioSociedadeRestablecido o tráfico na A-6 en Baralla despois de case nove horas...

Restablecido o tráfico na A-6 en Baralla despois de case nove horas cortada

O accidente dun camión obrigou a restrinxir a circulación nos dous carrís en dirección A Coruña. O condutor do vehículo foi trasladado ao HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A circulación na A-6 quedou restablecida a iso das 13:00 horas en sentido A Coruña, despois de permanecer cortada desde as 04:30 horas como consecuencia dun aparatoso accidente de tráfico en Baralla, onde un camión frigorífico saíu da vía e quedou envorcado sobre a calzada.

Segundo informaron a EFE fontes do 112, o accidente produciuse poucos minutos despois das catro da pasada madrugada, concretamente á altura do quilómetro 471 da A6 onde, por causas que aínda se descoñecen, o condutor do camión perdeu o control do vehículo, que se saíu da vía e acabou envorcando.

Durante case nove horas a autovía permaneceu cortada nese punto, como consecuencia dos traballos para retirar o camión e a carga, así como para deixar limpa a calzada, pero a Garda Civil habilitou un desvío alternativo a través da Nacional VI, concretamente á altura do quilómetro 469.

O condutor, un home de 43 anos de idade, con iniciais O.C.G, resultou ferido e foi trasladado nunha ambulancia de Soporte Vital Básico do 061 ao Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA). O 061 chegou a mobilizar dúas ambulancias para asistir ás posibles vítimas do accidente, así como ao persoal médico do PAC do Corgo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...