InicioAncaresO goberno central acomete a limpeza de seis ríos das concas do...

O goberno central acomete a limpeza de seis ríos das concas do Eo e do Navia

Os seis pasan polo concello de Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno centrak acometerá “o inminente comezo” dos traballos de limpeza en distintos treitos dos ríos das concas do Eo e do Navia no concello de Becerreá (Lugo), para os que o Ministerio para la Transición Ecológica investirá 31.500 euros. Trátase de traballos de limpeza, roza e extracción puntual de árbores que afectarán aos ríos Narón, Navia, Cervantes, San Martiño, Liñares e Ribón.

Así o explicou nun comunicado a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ao tempo que avanzou que na primeira quincena de marzo comezarán os labores de limpeza que levará a cabo a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

Esta actividade enmárcase no proxecto de actuacións de conservación e mantemento de canles das concas dos ríos Eo e Navia no ámbito que se corresponde á Demarcación Hidrográfica do Cantábrico Occidental na provincia de Lugo.

LIMPEZA

Cos traballos de limpeza dos ríos de Becerreá, que comezarán nuns días, terminará este proxecto, que conta cun orzamento de 124.100 euros e que incluíu actuacións nun total de 14 ríos da provincia de Lugo.

En concreto, deste proxecto beneficiaranse os concellos das Nogais, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada, nos que se fixeron traballos de limpeza nos ríos Valdeparada, Noceda, das Casas, Rumián, Cervantes, Noceda, Navia, Eo, Machín, Viaria, Ribón, San Martiño, Narón e Liñares.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...