InicioAncaresA Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo de San Marcos con catro representantes da Plataforma Prol Residencia de Becerreá, aos que trasladou a "firme vontade" da Deputación de Lugo de abrir canto antes o Centro de Atención a Maiores da localidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo de San Marcos con catro representantes da Plataforma Pro Residencia de Becerreá, aos que trasladou a “firme vontade” da Deputación de Lugo de abrir canto antes o Centro de Atención a Maiores da localidade.

Así, segundo detallou a institución provincial, está pendente de que a empresa subministradora proporcione a autorización do enganche á rede para dar por finalizado o proceso de construción e instalación do Centro de Transformación, que dotará da subministración eléctrica necesaria á residencia.

A Deputación sinala que o proxecto presentado polo alcalde “estaba incompleto” porque “non contemplaba o Centro de Transformación”, polo que, engade, o actual Goberno provincial “tivo que tramitar a redacción do proxecto de instalación deste equipamento, buscar consignación orzamentaria para acometelo por importe de 100.000 euros e contratar e acometer as obras”.

Unha vez que conclúa a construción e instalación do Centro de Transformación, o seguinte paso será sacar a contratación pública os medios e equipamentos necesarios (camas, mobiliario, cociña, lavandaría, comedor, entre outros) para o seu funcionamento, cun custo que superará os 1,5 millóns de euros.

A partir de aí, detallou, farase a selección e a contratación do persoal. Uns pasos que a institución provincial ten que dar contando co Permiso de Inicio de Actividade (PIA), unha autorización preceptiva da Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...