InicioPolíticaBesteiro destaca as axudas do Goberno ás pallozas de Piornedo e critica...

Besteiro destaca as axudas do Goberno ás pallozas de Piornedo e critica que a Xunta “mire para outro lado”

Destacou que no últimos catro anos a Deputación destinou máis de 150.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cabeza de lista do PSOE ao Congreso na provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor este sábado as axudas do Goberno ás pallozas de Piornedo e criticou que a Xunta, “que ten as competencias, mire para outro lado”.

“As 16 pallozas de Piornedo seguen en pé grazas á perseveranza destes veciños, á colaboración do Concello de Cervantes e ás subvencións da Deputación de Lugo. Se é pola Xunta, este conxunto arquitectónico admirado en todo o mundo non existiría, están a pór en perigo máis de 21 séculos de historia”, manifestou.

Gómez Besteiro mantivo unha reunión con parte da xunta directiva da Asociación ‘Teitos de Piornedo’, unha agrupación formada por veciños de seis casas do pobo que traballa de forma desinteresada por conservar “non só estas históricas edificacións, senón tamén todos os recordos e historias que albergan”. Alí, o candidato socialista destacou que no últimos catro anos a Deputación destinou máis de 150.000 euros a este conxunto arquitectónico, único en Europa, a maior parte procedente de fondos europeos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...