InicioSociedadeA Confederación Hidrográfica do Cantábrico realiza labores de conservación no río Castelo,...

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico realiza labores de conservación no río Castelo, en Cervantes

Contan cun orzamento estimado de 8.500 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación da canle do río Castelo nas inmediacións de Tarnas, no municipio de Cervantes (Lugo).

Segundo informou a Confederación Hidrográfica do Cantábrico nun comunicado, os labores desenvólvense ao longo de 470 metros do río Castelo e consisten fundamentalmente na retirada de diferentes elementos obstructivos tales como troncos e outros restos vexetais acumulados en varios tramos da canle.

Estes traballos compleméntanse coa realización de tratamentos silvícolas na vexetación de ribeira como podas ou apeos de árbores secas, enfermos ou con risco de caída ao dominio público hidráulico.

As actuacións, que contan cun orzamento estimado de 8.500 euros, realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de canles que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de canles son competencia dos concellos.

Tal e como lembrou a Confederación Hidrográfica do Cantábrico, durante o pasado ano 2021 investíronse en Lugo 528.178,01 euros repartidos en 42 actuacións que se desenvolveron nun total de 14 municipios.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...