InicioPolíticaA Xunta reclama actuacións "urxentes" na A-6: "Entrar no outono dificultaría a...

A Xunta reclama actuacións “urxentes” na A-6: “Entrar no outono dificultaría a obra”

O Goberno galego "afina" unha das súas propostas alternativas ao tráfico en Pedrafita.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reclamou ao Goberno que leve a cabo actuacións “urxentes” para minimizar o impacto do colapso do viaduto do Castro da A-6, xa que advirten as posibles dificultades que entrañaría dilatar unha solución alternativa ante o empeoramento das condicións meteorolóxicas que se producen na zona a partir de outono.

Así figura nunha carta remitida este luns pola conselleira do ramo, Ethel Vázquez, ao secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Xavier Flores, na que inclúe unha modificación dunha das propostas elaboradas pola Xunta para o tráfico en Pedrafita do Cebreiro.

Na súa misiva, Vázquez lamenta a “falta de avances” no esclarecemento das causas do derrube, a elaboración dun cronograma para a solución definitiva para reconstruír o viaduto e a solución provisional ao tráfico na zona que sexa compatible co tránsito de vehículos especiais.

Segundo a conselleira, a “falta dunha alternativa viable” á mobilidade de transportes especiais “pon en perigo 4.000 empregos” en Galicia, ademais de entrañar “risco” de que se deslocalicen empresas. Ademais, clama contra o impacto sobre a poboación de Pedrafita, xa que a travesía da localidade padece o paso de “uns 10.000 vehículos ao día, cunha importante parte de tráfico pesado”.

ALTERNATIVAS DO GOBERNO

Neste sentido, a consellería defendeu a proposta alternativa presentada na reunión mantida o pasado 30 de xuño entre o propio secretario xeral e os gobernos de Galicia e Castela e León, na que o Executivo central informou da opción elixida para mellorar o tráfico na zona a través da habilitación de máis quilómetros de autovía en dobre carril para ambos os sentidos.

Con todo, a Xunta considera que esta e a outra alternativa levada á reunión polo Goberno (a apertura do túnel de Pedrafita para o sentido Madrid) consiste en medidas “de mínimos, das que se derivaba unha responsabilidade e un esforzo técnico e económico tamén mínimos”.

“A única para a que se expuxo un prazo concreto consiste tan só en habilitar unha rampla para un paso de mediana entre calzadas da A-6, o que representa case unha actuación de conservación cun importe económico menor, que non debería supor nin 100.000 euros de custo”, engade a conselleira na súa carta sobre a proposta da Administración central.

Así as cousas, defende que a primeira das alternativas da Xunta “sería a óptima, posto que permitiría enlazar de modo sinxelo para o tráfico a N-V e a A-6 antes dos túneles de Pedrafita” e censura que o ministerio “non se molestase en tentar evolucionar tecnicamente” esta proposición despois de sinalar como inconveniente a altura dos noiros.

“O esforzo técnico neste momento e a rapidez na toma de decisións é crucial, xa que se debe aproveitar o verán para executar unha solución provisional que permita a circulación de transportes especiais e evite a travesía de Pedrafita. Entrar no outono equivalería a dificultar a obra enormemente polo empeoramento das condicións meteorolóxicas“, conclúe a súa misiva a conselleira.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...