InicioSociedadeAlerta por nevadas na montaña de Lugo para este mércores

Alerta por nevadas na montaña de Lugo para este mércores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou para todo o litoral galego unha alerta laranxa por temporal costeiro, que comezará na noite deste martes e que se estenderá á xornada do mércores.

Segundo informa a Vicepresidencia Primeira do Goberno autonómico, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé para todo o litoral da Comunidade mar combinado do noroeste con ondas de cinco a sete metros. Ademais, para as costas do noroeste da Coruña e Lugo, as ondas poderán ser de seis a oito metros xunto a fortes ventos de compoñente oeste a noroeste.

En canto á xornada do mércores, desde a mañá haberá tamén unha alerta amarela por nevadas nas zonas de montaña de Lugo –acumulacións de 10 centímetros en 24 horas a partir de 700 metros de altitude– e de Ourense –5 centímetros a partir de 800 metros–.

Neste contexto, a Xunta, a través do 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos afectados, ás deputacións, aos servizos provinciais, ás agrupacións de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Así, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda aos cidadáns manterse afastados da liña de costa, que extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...