InicioAncaresBecerreáBecerréa podería quedar sen GES por unha "represalia" do Concello contra os...

Becerréa podería quedar sen GES por unha “represalia” do Concello contra os traballadores

A CNT dá conta dun ERE extintivo que pode incorrer en "prevaricación" e anuncian que o impugnarán de levarse a cabo.

PUBLICADA O

O Concello de Becerreá acaba de comunicar a súa intención de aplicar un ERE extintivo contra o persoal do GES, de maneira que a partir do 31 de decembro os once traballadores que conforman o servizo serían despedidos. Así o vén de apuntar a estrutura da CNT en Galicia, que destaca que, de acordo coa comunicación do alcalde aos efectivos, o despedimento colectivo viría motivado por “causas organizativas”.
De acordo coas mesmas fontes, estas causas non serían outras que a renuncia ao GES previamente efectuada “de maneira unilateral” polo propio Concello. Así, subliñan dende Confederación, “o alcalde pretendería facer pasar por unha xustificación para este despedimento colectivo a renuncia a un servizo que ofrece un servizo esencial á cidadanía e que ademais garante o superávit para as contas municipais”.
O problema de fondo viría de máis atrás. E é que, segundo relata a CNT nun comunicado, o ERE vén dado despois de que o Concello se vira obrigado a acatar unha sentenza sobre a posible fixeza deste persoal. E é que parte do persoal foi inicialmente contratado en fraude de lei no ano 2013 e neste momento “está á espera de que o TSXG resolva os recursos sobre esta cuestión”.
“REPRESALIA”
Para a CNT, é “evidente” que a medida extintiva ten un “carácter de represalia”; máxime porque o ERE viría decidido antes da fase de negociación preceptiva. E apúntano así porque a renuncia do Concello de Becerrea ao GES, levada a cabo mediante escrito da alcaldía do 16 de novembro, “xa implica o despedimento da persoal do GES” sen propor alternativa algunha, subliñan. A CNT fala, pois, dunha “vulneración flagrante dos dereitos máis básicos do persoal” e adianta que, de tomar forma, procederan a impugnar “por nulo” o despedimento colectivo, que, ao seu ver “pode supoñer unha práctica incluso prevaricante ou malversadora”.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...