InicioSociedadeA montaña de Lugo estará en alerta amarela por neve dende a...

A montaña de Lugo estará en alerta amarela por neve dende a tarde deste domingo

A masa de aire frío deixará a cota de neve entre os 800 e os 1.000 metros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia estará baixo o aviso de alerta amarela a partir desta tarde de domingo, que afectará ás montañas de Lugo e Ourense por acumulación de neve e ao litoral coruñés por forte ondada.

Meteogalicia activiará este aviso a partir das 15,00 horas deste domingo unha alerta que se prolongará ata esta medianoite tanto na montaña como na costa.

Será a entrada dunha masa de aire fría na comunidade a que deixe a cota de neve na montaña entre os 800 e os 1.000 metros durante a tarde e unha acumulación de neve superior aos 5 centímetros.

No mar, as ondas crecerán ao redor dos 4 metros no litoral noroeste ao final do día. En concreto, afectará as zonas de coruña noroeste e a Costa da Morte.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...