InicioCulturaA homenaxe a Benedicta Sánchez celebrarase o vindeiro 4 de febreiro

A homenaxe a Benedicta Sánchez celebrarase o vindeiro 4 de febreiro

No acto, promovido pola Deputación, tamén se recoñecerá o traballo de todo o equipo da película, que "puxo o punto de mira na situación da comarca da Montaña".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A corguesa Benedicta Sánchez será homenaxeada o vindeiro 4 de febreiro no Pazo de San Marcos, a partir das 17:30 horas.

A vicepresidenta provincial, a nacionalista Maite Ferreiro, anunciou que xa se fixara a data do evento, no que se prevé honrar a figura de Benedicta Sánchez tras gañar o Premio Goya a Mellor Actriz Revelación polo seu papel en ‘O que arde’.

“Con este recoñecemento a Benedicta tamén queremos facer un recoñecemento a todo o equipo da película, que puxo no punto de mira a situación da comarca da Montaña“, salientou Maite Ferreiro. “Tamén queremos destacar a figura de Benedicta, unha muller do rural, dunha parroquia do Corgo. Unha muller que tivo que emigrar, unha muller que foi unha pioneira no seu tempo e que agora volve ao seu lugar de orixe”.

O acto celebrarase na sala de exposicións do pazo provincial e será aberto ao público.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...