InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación aposta polo turismo científico nos Ancares, unha alternativa de ocio...

A Deputación aposta polo turismo científico nos Ancares, unha alternativa de ocio sostible

Créase a Rede Profesional do Turismo Científico, na que tamén se inclúen as montañas do Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anuncia a creación dunha Rede Profesional de Turismo Científico para o territorio dos Ancares e O Courel co fin de impulsar alternativas de ocio na provincia vinculadas á ciencia e á sostibilidade.

Esta Rede Profesional estará formada polos 16 concellos da provincia deste espazo natural, universidades, administracións encargadas da planificación e deseño de políticas turísticas, xestores públicos e tamén empresas de turismo, fundacións e investigadores, entre outros, vinculados ao turismo científico deste territorio.

O obxectivo é crear “estratexias que posicionen esta zona da provincia de Lugo como un destino turístico diferenciado, baseado na sustentabilidade, e vinculado ao turismo de natureza e á ciencia cidadá”, segundo asegurou a deputada Pilar García Porto, que se ocupa da área de Réxime Interior, Promocion do Territorio e Turismo.

Toda a información no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...