InicioSociedadeSanta Bárbara, a virxe que tamén protexe contra Altri e os "poderes...

Santa Bárbara, a virxe que tamén protexe contra Altri e os “poderes económicos e políticos”

Ofician unha misa en contra de Altri durante a Festa en Honra a Santa Bárbara na Capela de Santa Bárbara de Alto Xestoso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cura de Xestoso oficiou este domingo unha misa na Capela de Santa Bárbara, protectora contra trebóns e patrona de mineiros e bombeiros, en contra de Altri. “A loita contra a macro celulosa ALTRI pode ser vista como unha loita pola protección do medio ambiente e a saúde das persoas que viven nas zonas afectadas pola industria. Do mesmo xeito que os mineiros que buscan protexer a súa vida e a súa saúde no traballo, as persoas que se opoñen á macro celulosa ALTRI poden verse a si mesmas como defensores do medio ambiente e a saúde pública”, dixo na homilía o cura de xestoso Luis Rodríguez.

“A loita contra a macro celulosa ALTRI require valentía e determinación, xa que implica enfrontarse a intereses económicos e políticos poderosos”, indicou suliñando que as persoas que se opoñen á macro celulosa poden atopar “inspiración na valentía e determinación” de Santa Bárbara para seguir adiante na súa loita.

Por iso, instou aos fieles que se opoñen a ALTRI a invocar a Santa Bárbara como unha forma de protección e defensa na súa loita pola xustiza ambiental e a saúde pública.”A figura de Santa Bárbara pode ser un símbolo inspirador para aqueles que se opoñen á macro celulosa ALTRI e buscan protexer o medio ambiente e a saúde pública”, rematou.

ÚLTIMAS

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...

Nova protesta de agricultores este xoves en Lugo contra o acordo con Mercosur

Sete días despois de que os tractores concentrados na cidade de Lugo contra o...

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...