InicioA UlloaÁngeles Vázquez di non coñecer a Altri e defende que a súa...

Ángeles Vázquez di non coñecer a Altri e defende que a súa función é facer que se “cumpra estritamente coa lei”

Ante as protestas, a vicepresidenta segunda pide "calma" e insiste: "Se os informes son desfavorables, Altri non se vai a implantar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, dixo este venres que non coñece Altri, a compañía portuguesa que expón en Palas de Rei unha planta de fibras téxtiles e celulosa, e defendeu que a súa función como responsable de Medio Ambiente é “controlar no territorio a implantación da empresa” e que “cumpra estritamente coa lei desde o punto de vista ambiental”.

“Nin coñezo a empresa, nin é a miña función coñecer a empresa; a miña función é controlar no territorio a implantación da empresa e que cumpra estritamente coa lei desde o punto de vista ambiental. A partir de aí, se cumpre, perfecto, e se non cumpre, que sente”, manifestou a preguntas dos medios sobre os cambios no proxecto inicialmente presentado pola compañía. A este respecto, Vázquez asegurou que, “como máxima responsable” de Medio Ambiente, non está “preocupada”, porque, reiterou, en Galicia “o rigor é total e absoluto”.

Neste sentido, afirmou que nos “centos de informes” que emite a Consellería “xamais houbo ningún erro”. “De maneira categórica afírmoo”, aseverou antes de lembrar que “ao longo destes tempos, e cos proxectos eólicos, desde esta Consellería se informaron favorablemente menos do 50% dos proxectos que se presentaron, que foron recorridos e o Supremo deu a razón á Xunta”. “Este é un proxecto máis, un proxecto tractor e de grandes dimensións que agora mesmo está en exposición publica”, insistiu a vicepresidenta segunda.

“ENFRONTAMENTOS”

Neste contexto, sinalou que isto “nunca pode levar a que haxa enfrontamentos nunha sala cando unha empresa de maneira libre dá información”, en referencia ao ocorrido durante as charlas que a compañía realizaba nos municipios afectados para informar o proxecto e que suspendeu tras as protestas rexistradas nos actos celebrados entre o mércores e o xoves en Palas de Rei, Monterroso e Melide.

“O primeiro que hai que facer é escoitar, preguntar, asesorarte. Podes estar a favor ou en contra, pero o que non podemos permitir son as faltas de respecto, onde a unha persoa que era moderadora alguén lle arrinca o micrófono dunha maneira moi agresiva. Galicia é outra cousa”, criticou.

Así mesmo, insistiu en que o proxecto se atopa en “un momento incipiente no que a empresa presenta “un proxecto de grandes dimensións” cuns fins entre os que, tal e como apuntou, se atopa o de fibra téxtil que, defendeu, “é fundamental para a confección de roupa” e que “en relación ao consumo de auga, á sustentabilidade e ás emisións está perfectamente regulado”.

Con estas argumentacións, pediu “calma” aos veciños e asociacións que protestan por esta iniciativa e lembrou que poden facer “as alegacións pertinentes”, que “serán contestadas e se vai dar a información necesaria”. “Se os informes son favorables, Altri vaise a implantar; se os informes son desfavorables, Altri non se vai a implantar”, resolveu. Preguntada pola implicación no proxecto de Greenalia, que ten no seu consello de administración á exconselleira Beatriz Mato, defendeu que esta compañía xa presentou proxectos en Galicia e “uns saíron favorables e outros saíron desfavorables”.

“Quen informa son os funcionarios, os técnicos da Consellería, xunto aos funcionarios e técnicos doutras consellerías que goberne quen goberne eles van continuar aí. Non hai dúbida sobre a emisión deses informes. Ademais, eu respáldoos totalmente onde faga falta porque mo demostraron ao longo dos anos”, defendeu.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...