InicioLugo e contornaLugoMorre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

O Concello de Lugo manifestou o seu pesar nas súas redes sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia dunha enfermidade. 

Pérez Herraiz, irmá da exdiputada do PSOE no Congreso Margarita Pérez Herráiz, foi edil pola formación Lugonovo no mandato que transcorreu entre o ano 2015 e 2019. Ese mesmo ano, ocupou a cabeza de lista por En Marea ás eleccións xerais pola provincia de Lugo.

O Concello de Lugo manifestou o seu pesar pola morte da exconcelleira nas súas redes sociais. “Grazas Cristina polo tempo dedicado a facer un Lugo mellor e un forte abrazo a familiares e amigos”, publicou en ‘X’ a conta oficial do consistorio lugués.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...