InicioEconomíaRueda visita o albergue de Palas: "O turismo en Galicia aínda ten...

Rueda visita o albergue de Palas: “O turismo en Galicia aínda ten que dar moitas alegrías”

Agosto pecharase con "cifras históricas para o sector", di a Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este martes, durante a visita ao remodelado albergue de Palas de Rei, o modelo turístico galego, que se combina, dixo, cunha forma “sustentable”.

Durante a visita, para coñecer o novo aspecto do complexo e reivindicar o coidado do Camiño de Santiago, Rueda incidiu en que o “turismo en Galicia aínda ten que dar moitas alegrías”, e por iso aproveitou a ocasión para falar de futuro e defender un modelo turístico respectuoso co Camiño de Santiago “que vele pola sustentabilidade e polos espazos non masificados”.

O presidente destacou a importancia “de ofrecer aos visitantes, en especial aos peregrinos, uns aloxamentos confortables e de nivel”. En concreto, no albergue de Palas, o Executivo autonómico investiu un total de 441.000 euros para a melloría das instalacións e a eficiencia enerxética.

Pero os traballos de acondicionamento e mellora non se cinguen a Palas de Rei. Rueda avanzou que, durante este 2022, se realizará un traballo de “modernización no 90% dos albergues públicos” para os que se adxudicarán unha contía de 2 millóns de euros.

MARCA DE VISITANTES

Alfonso Rueda tamén puxo en valor a marca de viaxeiros rexistrados no mes de xullo. E agosto, apunta, “pecharase con cifras históricas para o turismo, o que acredita que o sector se encamiña a un final de ano extraordinario” cunhas 300.000 compostelás entregadas –dato coñecido este luns–.

Para precisar, o titular do Goberno galego destacou o “éxito” de recibir a un total de 615.000 viaxeiros e rexistrar 1,3 millóns de pernoctacións. As cifras, espera, aínda melloren coa entrada en vigor do Bono Turístico a partir do 15 de setembro, o que lle fai esperar un final 2022 “con cifras fantásticas”.

Rueda celebrou que Galicia se consolidou como “un destino seguro” que contribúe á recuperación turística despois de pór en marcha varias iniciativas como “os 120 millóns en axudas directas ao sector, as iniciativas de referencia nacional ou o Bono Turístico”, enumerou.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...