InicioA UlloaO alcalde de Palas denuncia que a nova lei de transporte deixa...

O alcalde de Palas denuncia que a nova lei de transporte deixa o minicipio sen parada de bus

Critica que o Goberno non respondese ás alegacións presentadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, o popular Pablo Taboada, lamentou que o Goberno central non respondese aínda ás alegacións que presentou o Concello á nova lei de transporte público, que supón a eliminación de paradas de bus no municipio de liñas estatais.

A nova lei, que impulsa o Ministerio de Transportes, constituirá o marco normativo que “permitirá que as políticas públicas de transporte e mobilidade respondan mellor ás necesidades reais dos cidadáns e aos retos do século XXI”, sostén o Executivo estatal.

Con todo, Taboada censura que lle causa “unha insatisfacción grandísima” esta reforma do transporte público porque “deixa os municipios do rural, a Palas de Rei en primeira persoa” con “menos servizos ou eliminadas rutas consolidadas”, nunha afectación a 23 municipios galegos.

O alcalde de Palas lamenta que non aínda non recibiron resposta aos reparos postos. “Antes de tomar unha decisión deste calado que significa deixar sen transporte moita xente habería que reflexionalo máis e responder as alegacións. Isto afecta á veciñanza, estudantado e peregrinos”, avisou.

Dado que este municipio se sitúa nunha “encrucillada” entre Lugo e Santiago, Pablo Taboada pregúntase que pasará co estudantado que ten que desprazarse a unha ou outra cidade”. Advirte da situación de “illamento” na que podería quedar este municipio e outros veciños como os de Melide ou Arzúa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...