InicioSociedadePintadas na Casa do Concello de Palas de Rei en contra da...

Pintadas na Casa do Concello de Palas de Rei en contra da chegada de Altri

Este mesmo luns, o Concello de Palas de Rei informaba de que xa conta coa "leira" onde finalmente se situará a fábrica de fibras téxtiles da multinacional portuguesa Altri.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O edificio do Concello de Palas de Rei amenceu este martes cunha serie de pintadas na súa fachada contra a instalación no municipio dunha fábrica da compañía de téxtiles ‘Altri’.

Nas pintadas, feitas en tinta verde, poden lerse consignas como ‘Industria veleno non’, ‘Eucaliptos non’ ou ‘Non á industria lixo’, entre outros.

O concello xa puxo unha denuncia de maneira oficial para atopar ao autor destas pintadas. O alcalde, Pablo Taboada, lamentou estes feitos e lembrou que “todas as persoas que teñan algún tipo de queixa ou suxestión” teñen “canles reguladas para mostrar a súa desconformidade sen atentar contra o patrimonio dos veciños”.

Este mesmo luns, o Concello de Palas de Rei informaba de que xa conta coa “leira” onde finalmente se situará a fábrica de fibras téxtiles da multinacional portuguesa Altri.

A leira decidida está entre Palas e Melide, segundo informou o alcalde, e linda case con tres provincias: Lugo, A Coruña e Pontevedra. Trátase dun solar “moi grande, dunha peza, que está á beira da autovía porque a autovía (a Santiago) cruza esa leira por unha esquina”, concretou o rexedor.

Agora, indica o alcalde, “hai que empezar con toda a tramitación administrativa, dado que é un proxecto supramunicipal, e logo ver se hai que facer algunha modificación do plan para adaptalo á singularidade da fábrica”. O escenario é que estea operativa nun prazo de dous a dous anos e medio.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...