InicioA UlloaPalas de ReiUn incendio calcina unha vivenda por completo e parte doutra en Palas...

Un incendio calcina unha vivenda por completo e parte doutra en Palas de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia traballaron na tarde deste sábado na extinción dun incendio que calcinou por completo unha vivenda e parte doutra no concello lucense de Palas de Rei.

O 112 Galicia recibiu o aviso a través da Garda Civil, sobre as 13,30 horas. Os axentes sinalaban que foran alertados por un particular deste lume rexistrado na parroquia de Augas Santas e que, en principio, non había persoas afectadas.

Así, nada máis coñecer a situación, os xestores do 112 informaron aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e a Protección Civil de Palas de Rei.

Ao final das tarefas de extinción, os membros do GES de Monterroso confirmaron á central de emerxencias que as vivendas afectadas polo lume estaban deshabitadas e que unha delas quedara completamente calcinada.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...