InicioA UlloaConmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican "Altri non"

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

De ruta polo camiño francés, o Castelo de Pambre e rematar en Agolada para unha xuntaza na que non faltou a reivindicación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo de cincuenta persoas que viñan de diferentes puntos de Galicia: Trasancos, Lugo, Vigo, A Coruña, Ourense e a Ulloa. Partiron duns 500 metros do campo da batalla e percorreron ese tramo do camiño francés, guiados por Marcos Abalde. No seu relato, centrouse nos paralelismos entre Porto de Bois e Aljubarrota, na casa dos Castro e na ocupación colonial de Galicia pola nobreza castelá.

Ao mediodía chegaron ao castelo de Pambre onde agardaba un guía de luxo, Francisco Pardo, presidente do Instituto de Estudos Ulloáns. Detívose na figura de Gonçalo Oçores de Ulhoa, cavaleiro de Fernando de Castro, e iniciador da primeira fase de construción da torre. Para finalizar, tamén se adentraron no castelo.

Xa no alto da torre da homenaxe, os compañeiros da Eira da Joana explicaron as fatais consecuencias que pode significar a chegada de Altri, unha fábrica de celulosa dez veces máis grandes que a de Ence. Podería supor un desastre ambiental na comarcad a Ulloa, o aumento da eucaliptización de Galicia e a contaminación do río Ulla e do conxunto da rúa de Arousa.

Ante isto, achegáronse ata Agolada, onde o grupo participou nun xantar, houbo música e baile nun ambiente fraternal e reivindicativo. Berraron alto e forte: “Altri non!”

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...