InicioSociedadeLugo conta 230 novos casos o día no que se cumpren dous...

Lugo conta 230 novos casos o día no que se cumpren dous anos de pandemia en Galicia

Os casos activos sitúanse en 2.131 (90 máis).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 503.010 persoas contaxiáronse da covid-19 en Galicia desde que se detectou o primeiro caso o 4 de marzo de 2020. Ademais, neste tempo, 3.118 persoas faleceron tras ser diagnosticadas con este virus.

Nas últimas horas rexistrouse por segundo día consecutivo unha repunta dos novos contaxios detectados en Galicia, ata os 1.794, cifra que motivou tamén un incremento dos casos activos, que se sitúan en 16.933 (568 infeccións máis que na última xornada).

Así se desprende dos datos publicados este venres por venres pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do xoves, que sinalan que, tendo en conta as novas infeccións, as altas epidemiolóxicas e falecementos, en Galicia hai actualmente un total de 16.933 persoas con Covid.

Na área de Lugo, Monforte e A Mariña hai 231 infeccións máis e os casos activos son  2.131 (90 máis). O resto de áreas teñen a seguinte situación: na área de Vigo hai 3.343 casos activos (53 máis); na área da Coruña hai 3.246 enfermos (36 máis); na área de Santiago hai 3.096 infeccións activas (146 máis); na área de Ourense subiron ata os 2.057 (122 máis); na área de Pontevedra hai 2.023 casos (128 máis); e na área de Ferrol hai 950 persoas con Covid (2 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA E FALECIDOS

Con respecto á ocupación das camas Covid nos hospitais galegos, o último informe de Sanidade reflicte un lixeiro descenso no número de enfermos ingresados en unidades convencionais, que baixa de 397 a 391, aínda que os pacientes incrasados en UCI son agora 29, un máis que hai un día. Desde o inicio da pandemia, máis de medio millón de persoas en Galicia se contaxiaron de Covid, e 483.012 superaron a enfermidade. Delas, 1.222 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas 24 horas.

Ademais, un total de 3.118 persoas faleceron desde o inicio da pandemia. Catro destas mortes, das que informou este venres o Sergas, tiveron lugar nos últimos tres días. En concreto, o 28 de febreiro perdeu a vida un home de 87 anos na área sanitaria de Santiago e Barbanza e o día 1 de marzo morreu unha muller de 89 anos na área sanitaria de Ourense. Ademais, o mércores faleceu un home de 91 anos na área sanitaria de Ourense e unha muller 85 a de Santiago.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...