InicioSociedadeDous novos falecidos con Covid na área de Lugo

Dous novos falecidos con Covid na área de Lugo

Volven subir o número de casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ritmo de contaxios de Covid volveu a repuntar nas últimas horas en Galicia, onde hai este xoves 4.006 novas infeccións (811 máis que hai un día) e tamén se retarda a baixada de casos activos. Ademais, a presión hospitalaria redúcese levemente, cun ingresado menos en UCI e 11 ingresados menos en planta.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, os novos contaxios creceron en todas as áreas sanitarias. Na área de Lugo, A Mariña e Monforte confirmáronse 397 novos casos e queda con 5.030 infeccións activas (77 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, en Galicia hai actualmente 47 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos (unha menos que este mércores) e 635 persoas ingresadas en camas convencionais (11 menos). Na área de Lugo hai 7 enfermos con Covid en coidados críticos (2 menos).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

Sanidade confirmou o falecemento, nas últimas horas, doutras 7 persoas con Covid (co que o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 3.015), entre eles, un home de 94 e unha muller de 90 anos, que faleceron na área sanitaria de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...