InicioSociedadeA área de Lugo mantén os casos activos por baixo do centenar

A área de Lugo mantén os casos activos por baixo do centenar

Nas últimas horas só se rexistraron cinco novos casos de Covid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia afronta o inicio da ponte do Pilar con outro descenso dos casos activos de Covid-19 que se sitúan en 589, mentres que aumenta lixeiramente a presión hospitalaria con 42 persoas hospitalizadas –catro máis que a xornada anterior–, e os novos contaxios rexistrados mantéñense en 33. A taxa de positividade baixa a un 0,98 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, seguen 10 persoas diagnosticadas con Covid-19 ingresadas en UCI e aumentan a 32 as ingresadas noutras unidades –catro máis–, mentres que 547 pacientes se atopan en seguimento no seu domicilio.

No que respecta á área de Lugo, os datos de hospitais mantéñense sen cambios, posto que segue con tres pacientes Covid en UCI e catro noutras unidades. As infeccións activas descenden en sete e mantéñense por baixo do centenar.

Os positivos detectados por proba de infección activa nas últimas 24 horas foron só cinco.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...