InicioSociedadeLugo suma outros 156 contaxios e aumenta a súa presión hospitalaria

Lugo suma outros 156 contaxios e aumenta a súa presión hospitalaria

Os casos activos aumentan en 134 ata os 1.498 totais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra a marca de contaxios de Covid-19 ata a data desta quinta onda, con 1.593, mentres que os casos activos se elevan a 15.109, un milleiro máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 212 –constitúen 37 máis–, deles 23 en UCI. Pola súa banda, a taxa de positividade mantense nun 14 por cento.

Concretamente na área de Lugo, unha persoa continúa en críticos e aumentan a 18 os doutras unidades –catro máis–. Os casos activos aumentan en 134 ata os 1.498 totais. Ademais, degundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do xoves, os contaxios detectados por por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día suman un total de 156.

En canto á taxa de positividade das PCR, mantense nun 14,3 por cento, tras repuntar ao 14% a xornada anterior despois de baixar a un 9,3% o mércores e situarse nun 10,9% o martes tras arrincar esta semana nun 13%. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...