InicioSociedadeLixeira suba de casos activos en Lugo ás portas do novo alivio...

Lixeira suba de casos activos en Lugo ás portas do novo alivio de restricións

A área sanitaria suma 21 contaxios novos nas últimas horas. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia encara o novo alivio das restricións fronte á Covid-19 –que desde este sábado inclúen reunións de seis persoas en interior e 10 en exterior, así como aumento de aforamentos– con 2.400 casos activos –unha vintena menos– e a presión hospitalaria en descenso con 121 pacientes ingresados, tres menos.

Concretamente na área de Lugo, segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, a situación de pandemia mantense estable. En canto á presión hospitalaria, seguen dúas persoas en críticos e 11 noutras unidades. Con todo, soben os casos activos en 11 (ata os 233 totais) tras rexistrar 21 contaxios novos nas últimas horas. 

Polo seu lado, a taxa de positividade no conxunto de Galicia mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana ao ascender moi lixeiramente ao 1,71 por cento, despois de situarse no 1,67% a xornada pasada e nun 1,65% o día anterior, tras reducirse a un 1,26% no inicio da semana Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...