InicioSociedadeLugo supera xa a marca dos 1.000 casos tras rexistrar 84 novos...

Lugo supera xa a marca dos 1.000 casos tras rexistrar 84 novos contaxios

A evolución da pandemia en Galicia deixa rexistros máximos no número de contaxios detectados nun día, casos de covid-19 activos e taxa de positividade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo sobrepasa xa a marca dos 1.000 casos activos de Covid. Son, en concreto, 1.031 as persoas que agora mesmo están pasando a enfermidade na provincia de Lugo, segundo o recontoofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desta maneira, nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 84 novos contaxios a través da proba PCR. Isto implica un aumento de 9 casos con respecto aos rexistrados na pasada xornada, cando se detectaron 75.

A situación nos hospitais case non varía. Das 1.031 persoas contaxiadas, 35 atópanse en unidades de hospitalización, cifra que non se modificou con respecto ao venres. Con todo, unha persoa máis está en coidados intensivos (UCI). O reparto por hospitais queda, pois, do seguinte xeito: o Hospital Público da Mariña atende 14 pacientes infectados, o C.H.U. de Lugo conta con 16 – entre eles, os catro da provincia en coidados intensivos (+1) –, e o Hospital de Monforte rexistra cinco pacientes.

No histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 6.968 altas e 8.156 casos acumulados dende o inicio da pandemia. Fixéronse, ademais, un total de 139.111 probas PCR.

GALICIA, NOVO RÉCORD

A evolución da pandemia en Galicia deixa este sábado rexistros máximos no número de contaxios detectados nun día (1.135), casos de covid-19 activos (11.666) e taxa de positividade nas probas PCR practicadas (12,9%). Todo iso nunha xornada na que as hospitalizacións frean o crecemento mantido na última semana, aínda que as áreas sanitarias suman dous novos ingresados con coronavirus que deixan o total en 597, 91 en coidados intensivos.

SITUACIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS DE LUGO

Na área de Lugo, os positivos nos centros educativos elévanse a 128 (+5) e as aulas pechadas a 2, segundo os últimos datos trasladados pola Xunta. Os centros máis afectados sitúanse no municipio de Viveiro: o IES Vilar Ponte con 11, o IES María Sarmiento con 10 e o Plurilingüe de Covas con 9.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...