InicioSociedadeNingún novo positivo de Covid-19 na provincia de Lugo este domingo

Ningún novo positivo de Covid-19 na provincia de Lugo este domingo

No conxunto de Galicia, catro novos falecementos rexistrados en residencias de maiores ao longo do sábado elevaron a 519 as vítimas mortais por COVID-19. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistra este domingo, 26 de abril, o mesmo número de casos positivos que na xornada anterior, de maneira que suma un total de 662 casos de coronavirus. Este sábado si se produciu un aumento de contaxios de 15 persoas. Ademais, segundo os datos da Consellería de Sanidade, dúas persoas abandonaron as Unidades de Coidados Intensivos de onte a hoxe. Dous permanecen ingresados na UCI do Hospital Público da Mariña e os outros 5 na do HULA.

Outros 24 permanecen en hospitalización, dous máis ca este sábado, cando había 22 persoas con atención hospitalaria. 3 deles atópanse no Hospital Público da Mariña, 12 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. Monforte, a día de hoxe, segue a rexistrar 0 ingresos por COVID-19.

O resto de casos positivos de coronavirus, 631, igual ca no día de onte, están illados nos seus propios domicilios. Ata o día de hoxe a pandemia deixa en Lugo un total de 26 falecidos, 129 altas e 817 persoas que se viron afectadas pola Covid-19 (contando os falecementos e as altas).

GALICIA

No conxunto de Galicia, catro novos falecementos rexistrados en residencias de maiores ao longo do sábado elevaron a 519 as vítimas mortais por COVID-19. Os casos activos de coronavirus suman 32 contaxios detectados máis e chegan aos 6.856, mentres que as altas tamén aumenta ata as 1.803 (+20) e diminúe o número de persoas ingresadas na UCI a 85 (-5).

A Dirección de Saúde Pública da Consellería de Sanidade ofreceu os datos actualizados este domingo, que reflicten un incremento do 0,47% nos casos activos con respecto ao sábado, o crecemento do 1,12% das altas e o descenso do 5,56% dos ingresados na UCI.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...