InicioPolíticaO candidato de Ciudadanos en Lugo mete a Manuel Fraga en campaña...

O candidato de Ciudadanos en Lugo mete a Manuel Fraga en campaña e di que non estaría no PP de Casado

O cabeza de lista desta formación por Lugo asegura que o ex presidente do PP “non tería consentido a corrupción do PP ou que un senador presente unha soa iniciativa en tres anos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, apropiouse este martes do legado político de Fraga nun acto en Vilalba onde, ante o busto do presidente fundador do Partido Popular, afirmou que el “non tería consentido a corrupción do PP nin estaría dacordo coa deriva que está a coller o partido con Pablo Casado á fronte”.

José Manuel Blanco, que foi militante do Partido Popular e abandonou esta formación ao sentirse en desacordo cos casos de corrupción e coa súa liña política actual, loubou o “sentido de Estado” de quen foi presidente da Xunta de Galicia “durante 15 anos de servizo público á súa terra” e animou aos votantes e militantes descontentos do PP a “sumarse a Ciudadanos” porque, dixo, “baixo o paraugas de Ciudadanos cabe todo o mundo e o PP non representa hoxe as ideas que defendía Manuel Fraga”.

O candidato de Ciudadanos dixo que, coma el, “Fraga era un constitucionalista e un autonomista convencido, defensor de reformas como a conversión do Senado nunha Cámara de representación territorial”, lembrou José Manuel Blanco, que insistiu en que “o Senado actual non serve para nada, polo que ou se reforma ou se suprime”, defendeu.

Precisamente en Vilalba, José Manuel Blanco referiuse ao exalcalde da localidade, Gerardo Criado, “que estorbaba en Vilalba e mandárono ao Senado cun soldo de 5.000 euros ao mes”, dixo. A cambio, continuou, “presentou unha soa iniciativa nos tres anos que estivo como senador”, denunciou o candidato de Ciudadanos. “Fraga non permitiría cousas coma estas”, asegurou.

José Manuel Blanco explicou que Ciudadanos leva no seu programa, co que se presenta ás eleccións do vindeiro día 28 de abril, a reforma do Senado e outra serie de medidas que pretenden “modernizar a Administración do Estado, eliminar gasto innecesario, loitar conta a corrupción e unificar criterios entre as distintas autonomías para garantir a igualdade entre os españois”.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...