InicioLugo e contornaLugoTapian unha casa en Lugo ás poucas horas dun incendio

Tapian unha casa en Lugo ás poucas horas dun incendio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Poucas horas despois dun incendio en cuxa extinción resultou ferido un bombeiro, os propietarios dun edificio de dúas plantas situado en pleno centro de Lugo, na Rúa Salvador de Madariaga, ordenaron tapiar as portas e xanelas dese inmoble á altura da rúa, dado que era usado habitualmente para pasar a noite por ocupas e indixentes.

O incendio produciuse á primeira hora da tarde e antes de que finalizase o día, as portas e xanelas da planta baixa estaban tapiadas con paredes de ladrillo, do mesmo xeito que sucedeu con outra vivenda desocupada no barrio das Gándaras, onde a súa propietaria ordenou precintar todos os accesos para evitar unha nova ocupación días despois do desaloxo.

Trátase dunha solución que se estendeu na cidade de Lugo, especialmente naqueles barrios nos que son máis frecuentes os episodios de ocupación ilegal de vivendas, normalmente en casas vellas que non sempre se atopan en condicións de habitabilidade.

Un bombeiro resultou ferido á primeira hora da tarde de onte mentres participaba no operativo para sufocar o incendio que se produciu nese edificio da Rúa Salvador de Madariaga, ao ceder o primeiro piso do inmoble, e tivo que ser evacuado ao HULA para recibir atención médica.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE), un particular chamou a través do teléfono 112 para avisar de que vía saír fume do tellado dun edificio de dúas plantas, na rúa Salvador de Madariaga, que comunica a Praza de Bretaña coa Avenida de Ramón Ferreiro.

Para responder a esta emerxencia, o CIAE mobilizou aos bombeiros de Lugo, ao servizo de urxencias sanitarias 061, á Policía Local e á agrupación de voluntarios de Protección Civil. Ao chegar ao lugar indicado, os bombeiros comprobaron que o inmoble, en cuxa planta baixa houbo no seu día unha tenda que vendía prensa e lambetadas, estaba abandonado.

De feito, fontes dos propios bombeiros indicaron que neste inmoble adoitaban pasar a noite “ocupas e indixentes”, así como que o lume se iniciou, precisamente, “na porcallada que había acumulada na primeira planta”. Os labores de extinción obrigaron a cortar durante aproximadamente unha hora o tráfico na citada rúa. Finalizados os traballos de extinción, comezaron os labores para tapiar portas e xanelas.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...