InicioLugo e contornaLídia Senra reclama en Bruxelas que unha muller poida acceder "sen barreiras"...

Lídia Senra reclama en Bruxelas que unha muller poida acceder “sen barreiras” á súa casa de Abadín

A pista que pasa por diante da vivenda de Pilar Fernández foi asfaltada en numerosas ocasións, polo que na actualidade está 12 centímetros por encima do nivel da entrada da súa casa, "o que lle impide o acceso sen axuda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A eurodeputada galega do Grupo confederal Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica(GUE/NGL) e candidata de En Marea ás europeas do 26M, Lídia Senra, denunciou este martes na Comisión Europea (CE) a situación de falta de accesibilidade á súa vivenda que leva padecendo desde hai anos Pilar Fernández López, veciña de Abeledo, en Abadín (Lugo), que ten unha condición de mobilidade reducida, “o que a obriga a utilizar sempre cadeira de rodas para os seus desprazamentos”.

Así, Senra rexistrou este martes en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que informa que desde hai 20 anos, a pista que pasa por diante da vivenda de Pilar Fernández foi asfaltada en numerosas ocasións, “o que provocou unha constante subida no nivel da estrada”, polo que na actualidade está 12 centímetros por encima do nivel da entrada da súa casa, “o que lle impide o acceso sen axuda”.

En 2013, “alertada porque se prevía botar novamente aglomerado sobre a pista”, a afectada presentou escrito ante o concello, solicitando non só que non aumentasen a altura do nivel, senón que se aproveitase para eliminar a barreira existente.

“Despois de todos estes anos, continúa sen recibir resposta nin solución, a pesar de que a situación tamén foi denunciada ante a valedora do Pobo e ante a Xunta de Galicia”, lamentou GUE/NGL nun comunicado.

ESTRATEXIA DISCAPACIDADE

Neste sentido, Senra preguntou á CE se non considera que esta situación vulnera os compromisos da Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2020 e se pensa tomar algunha medida.

A eurodeputada galega defendeu que “non se pode permitir” que por culpa dunhas obras levadas a cabo por unha administración nunha vía pública, unha persoa deixe de ter accesibilidade á súa propia casa.

“En lugar de avanzar na eliminación de barreiras para persoas con mobilidade reducida, resulta que imos cara atrás”, denunciou Senra, que non ve “xustificación algunha” para que desde o concello ou desde a deputación provincial “non actúen de inmediato para rectificar esta situación”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...